Buscando material, atopei estes vídeos curtiños, ensinando técnicas de estudio que me pareceron bastante recomendables para alumnado de cursos altos de primaria e comezo da educación secundaria.
Son orientados ás familias, pero serven tamén para os rapaces.
TÉCNICAS DE ESTUDIO 1 Neste primeiro vídeo fai unha introdución para as familias.
TÉCNICAS DE ESTUDIO 2 Neste segundo vídeo fálase da ORGANIZACIÓN. Aínda que fala tamén para as familias, o importante e que os rapaces sexan capaces de organizarse para non provocar estrés ante exames e tarefas a entregar. Os aspectos a ter en conta son:
Adecuación do lugar de estudio, distractores, horario mensual, semanal e axenda diaria.
Técnica do Pomodoro: facer unha cousa soa á vez. traballo, descanso, traballo, descanso.
TÉCNICAS DE ESTUDIO 3 Neste tercer vídeo danse pautas para o estudio de materias de letras.
Lembrade que facer tarefas non é o mesmo que estudiar.
Que estudio é igual a traballo activo.
Ler, suliñar, resumir/esquematizar/analizar, memorizar e autoavaliar, son os pasos a seguir.
Neste apartado gustaríame recomendarvos outro tipo de esquemas máis motivadores que se chaman MAPAS MENTAIS. Fomentan a creatividade, melloran o estudio activo e por tanto a memoria, son moi visuais dado que utilizan moitas cores de forma organizada e son rápidos e fáciles de facer.
Deixo este enlace onde se explica o que son , como se fan e poñen exemplos.
TÉCNICAS DE ESTUDIO 4. Neste cuarto vídeo danse pautas para estudiar materias de ciencias.
ENTENDER NON É O MESMO QUE SABER FACER.
Lembrade: atender na clase e preguntar dúbidas; entender, anotando cando corrixes os pasos a seguir (non soamente o resultado correcto) e sobre todo PRACTICAR, PRACTICAR, PRACTICAR.
Cando resolvades problemas lembrade a información anterior das intelixencias múltiples: Non serve con ler, tamén debes suliñar, buscar, debuxar, organizar datos e responder á todas as preguntar. Por iso é moi importante REVISAR se contestastes a todos os apartados.
TÉCNICAS DE ESTUDIO 5. Neste último vídeo danse pautas para memorizar.
Gustaríame que coñecérades a Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gadner, onde non soamente fala dunha soa intelixencia, senon máis ben de 8 intelixencias distintas. Cada ser humano destaca nunhas máis ca noutras, non sendo ningunha das oito máis importantes que as demais. Requírese dominar gran parte delas para enfrentarnos á vida. Por eso podemos memoriazar escribindo, vendo, tocando, manipulando, cantando, bailando. Todas son válidas. Pincha na imaxe para saber máis destas oito intelixencias.
Tamén deixo un enlace a outras Técnicas mnemotécnicas de memorización.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
martes, 31 de marzo de 2020
lunes, 23 de marzo de 2020
FOLLETO DE HÁBITOS SAUDABLES COAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Adxunto un folleto que se creou neste departamento sobre hábitos saudables coas novas tecnoloxías.
FOLLETO
FOLLETO
MATERIAL DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Se podedes, utilizade un ratiño á semana para coñecer os tipos de de emocións e poner
exemplos para identificalas.
RECURSOS IMPRIMIBLES PARA TODAS AS IDADES DENDE INFANTIL ATA FINAIS DE PRIMARIA: http://www.auladeelena.com/2016/09/programa-de-educacion-emocional-para-todas-las-etapas-educativas.html
PRESENTACIÓN CHARLA A FAMILIAS DA PSICÓLOGA JANET
A psicóloga Janet Díaz Portela, fai entrega da presentación , despois de impartir unha charla para familias. PRESENTACIÓN
Contacto.
https://psicologajanetdiaz.es/es/
Tamén aporta estes enlaces de artigos relacionados coa educación e a infancia.
Contacto.
https://psicologajanetdiaz.es/es/
Tamén aporta estes enlaces de artigos relacionados coa educación e a infancia.
jueves, 13 de junio de 2019
SINCERIDADE E MENTIRAS
Estes enlaces pódenvos servir para disminuir as mentiras nos vosos fillos/as e fomentar a sinceridade.
Por que minten os nenos/as?
As mentiras nos nenos/as.
Como corrixir as mentiras nos nosos nenos/as.
Por que minten os nenos/as?
As mentiras nos nenos/as.
Como corrixir as mentiras nos nosos nenos/as.
MATERIAIS CHARLA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
A psicóloga Marta Rodríguez Álvarez, fai entrega deste material, despois de impartir unha charla para familias.
Datos de contacto:
Marta Rodríguez Álvarez
Psicóloga Colegiada 4619. NºR. Sanitario C-27-000953
domingo, 26 de mayo de 2019
CONTOS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Lista de contos para traballar a educación afectivo-sexual na primeira infancia.
Ni un besito a la fuerza.
Clara y su sombra
El secreto de Blef: Bésame si quieres
Kiko y la mano
Ni un besito a la fuerza.
Clara y su sombra
El secreto de Blef: Bésame si quieres
Kiko y la mano
Suscribirse a:
Entradas (Atom)