martes, 31 de marzo de 2020

Técnicas de estudio

Buscando material, atopei estes vídeos curtiños, ensinando técnicas de estudio que me pareceron bastante recomendables para alumnado de cursos altos de primaria e comezo da educación secundaria.

Son orientados ás familias, pero serven tamén para os rapaces.


TÉCNICAS DE ESTUDIO 1 Neste primeiro vídeo fai unha introdución para as familias.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 2 Neste segundo vídeo fálase da ORGANIZACIÓN. Aínda que fala tamén para as familias, o importante e que os rapaces sexan capaces de organizarse para non provocar estrés ante exames e tarefas a entregar. Os aspectos a ter en conta son:
Adecuación do lugar de estudio, distractores, horario mensual, semanal e axenda diaria.
Técnica do Pomodoro: facer unha cousa soa á vez. traballo, descanso, traballo, descanso.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 3 Neste tercer vídeo danse pautas para o estudio de materias de letras.

Lembrade que facer tarefas non é o mesmo que estudiar.
Que estudio é igual a traballo activo.

Ler, suliñar, resumir/esquematizar/analizar, memorizar e autoavaliar, son os pasos a seguir.
Neste apartado gustaríame recomendarvos outro tipo de esquemas máis motivadores que se chaman MAPAS MENTAIS. Fomentan a creatividade, melloran o estudio activo e por tanto a memoria, son moi visuais dado que utilizan moitas cores de forma organizada e son rápidos e fáciles de facer.
Deixo este enlace onde se explica o que son , como se fan e poñen exemplos.


TÉCNICAS DE ESTUDIO 4. Neste cuarto vídeo danse pautas para estudiar materias de ciencias.

ENTENDER NON É O MESMO QUE SABER FACER.
Lembrade: atender na clase e preguntar dúbidas; entender, anotando cando corrixes os pasos a seguir (non soamente o resultado correcto) e sobre todo PRACTICAR, PRACTICAR, PRACTICAR.

Cando resolvades problemas lembrade a información anterior das intelixencias múltiples: Non serve con ler, tamén debes suliñar, buscar, debuxar, organizar datos e responder á todas as preguntar. Por iso é moi importante REVISAR se contestastes a todos os apartados.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 5. Neste último vídeo danse pautas para memorizar.

Gustaríame que coñecérades a Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gadner, onde non soamente fala dunha soa intelixencia, senon máis ben de 8 intelixencias distintas. Cada ser humano destaca nunhas máis ca noutras, non sendo ningunha das oito máis importantes que as demais. Requírese dominar gran parte delas para enfrentarnos á vida. Por eso podemos memoriazar escribindo, vendo, tocando, manipulando, cantando, bailando. Todas son válidas. Pincha na imaxe para saber máis destas oito intelixencias.

La teoría de las Inteligencias Múltiples en la enseñanza

Tamén deixo un enlace a outras Técnicas mnemotécnicas de memorización.

1 comentario: