martes, 31 de marzo de 2020

Técnicas de estudio

Buscando material, atopei estes vídeos curtiños, ensinando técnicas de estudio que me pareceron bastante recomendables para alumnado de cursos altos de primaria e comezo da educación secundaria.

Son orientados ás familias, pero serven tamén para os rapaces.


TÉCNICAS DE ESTUDIO 1 Neste primeiro vídeo fai unha introdución para as familias.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 2 Neste segundo vídeo fálase da ORGANIZACIÓN. Aínda que fala tamén para as familias, o importante e que os rapaces sexan capaces de organizarse para non provocar estrés ante exames e tarefas a entregar. Os aspectos a ter en conta son:
Adecuación do lugar de estudio, distractores, horario mensual, semanal e axenda diaria.
Técnica do Pomodoro: facer unha cousa soa á vez. traballo, descanso, traballo, descanso.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 3 Neste tercer vídeo danse pautas para o estudio de materias de letras.

Lembrade que facer tarefas non é o mesmo que estudiar.
Que estudio é igual a traballo activo.

Ler, suliñar, resumir/esquematizar/analizar, memorizar e autoavaliar, son os pasos a seguir.
Neste apartado gustaríame recomendarvos outro tipo de esquemas máis motivadores que se chaman MAPAS MENTAIS. Fomentan a creatividade, melloran o estudio activo e por tanto a memoria, son moi visuais dado que utilizan moitas cores de forma organizada e son rápidos e fáciles de facer.
Deixo este enlace onde se explica o que son , como se fan e poñen exemplos.


TÉCNICAS DE ESTUDIO 4. Neste cuarto vídeo danse pautas para estudiar materias de ciencias.

ENTENDER NON É O MESMO QUE SABER FACER.
Lembrade: atender na clase e preguntar dúbidas; entender, anotando cando corrixes os pasos a seguir (non soamente o resultado correcto) e sobre todo PRACTICAR, PRACTICAR, PRACTICAR.

Cando resolvades problemas lembrade a información anterior das intelixencias múltiples: Non serve con ler, tamén debes suliñar, buscar, debuxar, organizar datos e responder á todas as preguntar. Por iso é moi importante REVISAR se contestastes a todos os apartados.

TÉCNICAS DE ESTUDIO 5. Neste último vídeo danse pautas para memorizar.

Gustaríame que coñecérades a Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gadner, onde non soamente fala dunha soa intelixencia, senon máis ben de 8 intelixencias distintas. Cada ser humano destaca nunhas máis ca noutras, non sendo ningunha das oito máis importantes que as demais. Requírese dominar gran parte delas para enfrentarnos á vida. Por eso podemos memoriazar escribindo, vendo, tocando, manipulando, cantando, bailando. Todas son válidas. Pincha na imaxe para saber máis destas oito intelixencias.

La teoría de las Inteligencias Múltiples en la enseñanza

Tamén deixo un enlace a outras Técnicas mnemotécnicas de memorización.

lunes, 23 de marzo de 2020

FOLLETO DE HÁBITOS SAUDABLES COAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Adxunto un folleto que se creou neste departamento sobre hábitos saudables coas novas tecnoloxías.
FOLLETO

MATERIAL DE EDUCACIÓN EMOCIONAL


Se podedes, utilizade un ratiño á semana para coñecer os tipos de de emocións e poner exemplos para identificalas.

RECURSOS IMPRIMIBLES PARA TODAS AS IDADES DENDE INFANTIL ATA FINAIS DE PRIMARIA: http://www.auladeelena.com/2016/09/programa-de-educacion-emocional-para-todas-las-etapas-educativas.html




 Resultado de imagen de inspector drilo
Resultado de imagen de monstruo de colores

PRESENTACIÓN CHARLA A FAMILIAS DA PSICÓLOGA JANET

A psicóloga Janet Díaz Portela, fai entrega da presentación , despois de impartir unha charla para familias. PRESENTACIÓN

Contacto.
https://psicologajanetdiaz.es/es/


Tamén aporta estes enlaces de artigos relacionados coa educación e a infancia.

jueves, 13 de junio de 2019

domingo, 26 de mayo de 2019

CONTOS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Lista de contos para traballar a educación afectivo-sexual na primeira infancia.
Ni un besito a la fuerza.
Clara y su sombra
El secreto de Blef: Bésame si quieres
Kiko y la mano

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA PRIMEIRA INFANCIA

Material sobre Educación afectivo-sexual para a primeira infancia.
Guía para o profesorado. Preme aquí.
Material didáctco. Preme aquí.

EDUCACIÓN SEXUAL NA PRIMEIRA INFANCIA

Guía para familias e profesorado de Educación Infantil. Pincha na imaxe.

SINCERIDADE

Este material pode servir para darnos orientacións sobre como traballar a sincesidade cos nosos pequenos/as.

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NO AUTISMO

Aquí vos presentamos unha páxina web onde se recollen APPS para traballar co alumnado con TEA.
Dentro da páxina hai un buscador que permite seleccionar sistema operativo, tipo de dispositivo que se vai empregar, categoría, idioma e idade recomendada.
Consulta a páxina web premendo no seguinte enlace:
http://www.appyautism.com/

lunes, 20 de mayo de 2019

Canción signada: “Hecho con tus sueños”


Moi boas! Fai unhas semaniñas falábamos da lingua de signos española,  unha das cinco linguas oficiais que temos no noso país. Practicáchedes o alfabeto dactilolóxico? Esperamos que si e que vos animedes a aprender esta fermosa lingua! Para continuar co gusanillo, deixámosvos este precioso vídeo.

viernes, 17 de mayo de 2019

Diversidade


Neste encontro co neuropsicólogo José Ramón Gamo, fálase do TDAH, as súas repercusións no fogar e na escola ó tempo que resposta a preguntas moi interesantes dos participantes.

TDAH




lunes, 6 de mayo de 2019

Contos diversidade

Ola Compañeiros! Hoxe queríamos recomendar unha serie de contos para trabajar cos máis pequeños o tema da diversidade; uns contos moi chulos, con ilustración chamativas!

Un dos meus favoritos, que seguramente xa o coñecedes é “ O CAZO DE LORENZO”.

“POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA”
“UN MONSTRUO ROSA”

“TODOS MENOS UNO”

“UN BICHO EXTRAÑO”

“ELMER”

“OREJAS DE MARIPOSA” 


viernes, 26 de abril de 2019

Lingua de signos

Cantas linguas oficiais temos en España? Castelán, Galego, catalán, euskera... e dúas máis! A lingua de signos española e a lingua de signos catalana, tal e como nos sinala a Lei 27/2007, de 23 de Outubro.  Sabiadelo? Dúas linguais de suma importante, sobre todo para o noso alumnado con deficiencia auditiva.

Para que vos vaiades sumerxendo nesta fermosa lingua, a continuación deixamosvos un vídeo tutorial para aprender o alfabeto Dactilolóxico.


Animádevos a signar!